CANCELAR
ACEPTAR

VÍAS DE ALTA CAPACIDADE - Idea nº7

BNG Narón Comisión Urbanismo 6 de junio de 2021 19:41
PRECEDENTES:
Narón é un concello desordenado onde a prioridade é o vehículo privado. Temos servizos pero podemos optar a eles, na meirande parte dos casos, se temos coche. A xerarquía actual da nosa cidade en circulación viaria vai neste sentido (todas a circulacións destes eixos son de dobre sentido de circulación):
- Estrada de Castela (AC-862)
- Estrada de Cedeira (AC-556)
- Autoestrada AP-9
- FE-11
- FE-12 
- Avda. Rafael Barez
- Avda. Santa Icía

Nun estudo municipal de 2015 estimaba o desprazamento en coche no noso concello de 3,95 desprazamentos por persoa ao día, sendo o desprazamanto en vehículo privado de case o 50% (moi lonxe dos obxectivos que se debe marcar un plan de mobilidade e dos estándares da ONU e UE)
Segundo datos da Deputación da Coruña, en 2012 a Estrada de Castela tiña unha oscilación de vehículos dos 15.000 - 20.000 ao día (e era a segunda - só detrás da FE-12- con maior circulación de transporte motorizado) .

ACTUACIÓNS:
- Traballar as ideas de mobilidade nº1,2 e 3 compartidas neste portal

- Actuar nas vías de alta capacidade:

7A- En Narón temos vías de alta capacidade capaces de xestionar boa parte do tráfico rodado das nosas rúas. 
- Sacar todo o tráfico de paso do centro da cidade e dos barrios, conducindo cara as vías de alta capacidade para que funcionen como proto-circunvalación

7B- Actuar sobre a Estrada de Castela: facer carril Bici a todo ao longo do seu paso por Narón, calmado de tráfico, e actuar para que circule só o tráfico necesario e non como tránsito para outro sitio ( Ferrol ), desfacer o trazado lineal, e camiñar cara zonas de un Único Carril.
Transferencia sen dilación da Estrada de Castela ao concello, transformarla nun grande
Bulevar (mobiliario inclusivo : bancos, plataforma única, promover árbores autóctonas de importante porte que poidan dar sombra ás persoas en verán, promover a participación e posta en valor do proxecto entre a veciñanza, charlas informativas e paneis explicativos da súa transfromación...

7C- Crear circuitos para vehículos dunha soa dirección, garantindo un transporte fluído que faciliten a circulación entre barrios e a súa saída para fora da cidade cara as vías de alta capacidade.

Podedes ver en tre minutos como se realiza unha transformación (Pontevedra pasou de 80.000 vehículos ao día a unha circulación de só 7.000 (a metade do que soporta só a Estrada de Castela). Non somos Pontevedra pero... por qué non compararnos cos mellores ;) . Dentro vídeo:
https://elpais.com/politica/2018/06/07/actualidad/1528378617_230832.html 

(As imaxes son sacadas do google maps e do diario El País sobre a mobilidade dos ensanches de Pontevedra e a súa rtansformación para ver que é posíbel , imaxes quitadas pola nosa comisión en Carballo en parte do seu carril bici ao carón de vías e algunha das nosas rúas nas que cómpre actuar. Tamén un exemplo de como traballar o rural)

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo