Formación e información
Dar a coñecer o Plan de Igualdade entre todo o persoal do concello, persoal laboral e político; no eixo asociativo do movemento das mulleres e a toda a cidadanía en xeral, ademáis de facilitar a comunicación entre todos eles e o Departamento de Igualdade.
Formación e información a profesionais do concello (policía, educadora social, traballadora social...) que lles permita ofrecer unha atención adecuada ás persoas que o demanden. Ao igual que é necesario formar e informar a todxs xs traballadorxs de como actuar ante casos de acoso ou violencia dentro da administración.
Fomentar a información e formación na xuventude amosando as relacións de igual a igual, xa que a violencia económica, social (por raza, relixión, ideas políticas...), etc... tamén existen.