Creación do Consello das Mulleres e o Consello das Mulleres Novas
O Consello das Mulleres estaría integrado por mulleres a título persoal e mulleres representantes do tecido asociativo do concello, e o Consello das Mulleres Novas estaría formado por mulleres novas funcionando nos centros educativos. Non se teñen as mesmas preocupacións e necesidades en todas as idades, de ahí a división en dous Consellos con distintas perspectivas e informacións.
O obxectivo destes Consellos sería lograr a incorporación da perspectiva de xénero nas políticas municipais e que a voz das mulleres sexa escoitada e tida en conta, fortalecendo así os valores igualitarios da cidadanía.