CANCELAR
ACEPTAR

Promocionar a igualdade entre mulleres e homes no eido laboral

Comisión Igualdade BNG 10 de noviembre de 2021 11:28

Fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes mediante unha programación de accións non estereotipadas que favorezan unha participación máis igualitaria da poboación, visibilizar os liderados femininos e reivindicar os dereitos das mulleres mudando a visión da muller como “obxecto de solidariedade” para ser “suxeito de pleno dereito”.

Poñer en marcha estratexias de intervención dirixidas a fomentar un cambio de valores, coa idea de potenciar a eliminación de roles e estereotipos de xénero atribuídos ás persoas en función do sexo asignado. 

Fomentar a corresponsabilidade desde a educación e prevención, promover modelos de relación baseados no principio de igualdade entre mulleres e homes.

Asegurar o enfoque de xénero nas políticas internas de igualdade para ser exemplo; potenciar competencias que garantan o aceso igualitario aos procesos de selección, aos ascensos...; programas de formación que teñan en conta as necesidades dxs coidadorxs; atención a temas psicosociais, tratamento do estrés, autoestima...; incentivar a formación en xénero; mellora efectiva da conciliación; protocolos de prevención e acción do acoso sexual ou por razón de sexo; formación para os corpos de seguridade en canto á actuación en casos de acoso ou violencia de xénero...

 
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo