CANCELAR
ACEPTAR

Promocionar o urbanismo desde unha perspectiva feminista real

Comisión Igualdade BNG 11 de noviembre de 2021 09:40
O modelo urbano das cidades responde a un sistema patriarcal e capitalista, diseñado a través das necesidades do xénero masculino para o transporte nos vehículos privados e transporte de mercadorías. Deste xeito quedan fóra as persoas maiores, as crianzas, as persoas con diversidade funcional...

Precisamos unha cidade que coide de nós na que se invirta a orde de prioridades e se deseñen entornos que poñan no centro as necesidades dunha poboación diversa e complexa na cal as decisións estratéxicas estén nas mans dos cidadáns. Precisamos unha cidade que poña a vida no centro e sexa segura, onde poidamos voltar á casa por espazos seguros e iluminados a calquera hora do día.

Agora que está en proceso de redación o PXOM é o momento de pensar nunha cidade cunha perspectiva feminista real.
 
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo