Contribución da muller na sociedade
Promocionar e facer visíbel a contribución da muller á sociedade en diversos campos: deporte, arte, cultura, ciencia, historia... podendo empezar por correxir as publicacións do concello en canto ao xénero, sobre todo as que son exclusivas desta área. É importante asegurarse da existencia de espazos feministas reais nas bibliotecas municipais e nas dos centros educativos, así como noutros servizos e actividades municipais.
Darlle valor ás mulleres que deciden maternar posto que é algo que está totalmente denostado pola sociedade en xeral, as mulleres chegan a pensar que non son produtivas pola presión social que existe e que fai que o seu instinto as leve a esta falsa sensación. Maternar e coidar é unha obligación que a sociedade ten imposta de cara á muller, e que fai que esta se sinta obrigada, cando non debería de ser así.