Promover a saúde integral das mulleres desde unha perspectiva feminista
· Promover a saúde integral das mulleres, desde a perspectiva feminista, potenciando o seu autocoidado:
o Formar e informar sobre os usos dos recursos sanitarios, para o que é preciso coñecer como inflúen as diferenzas na socialización entre mulleres e homes á hora de enfermar e de expresar o seu malestar físico, emocional, psicolóxico e social. Isto lévanos á importancia dun servizo de Psicoloxía Clínica no novo Centro de Saúde.
o Hai que ter en conta tamén as distintas enfermidades que sofren as mulleres, moitas veces en silencio, como a endometriose, síndrome do ovario poliquístico, fibromialxia... e que aínda se está loitando porque non sempre foron consideradas enfermidades. É de vital importancia promover a saúde integral das mulleres desde a perspectiva feminista, tendo en conta as distintas etapas do ciclo vital, e manter contacto coas asociacións formadas por mulleres que sofren estas enfermidades e telas en conta para as actuacións a levar a cabo.
o Promocionar estratexias que fomenten a revalorización persoal e favorezan a autoaceptación, o uso de costumes beneficiosas e o autocoidado.