Garantir o dereito a participar de toda a cidadanía
Debe garantirse o dereito efectivo a participar de toda a cidadanía, máis aló do recollido na Lei de Bases de Réxime Local, e no anterior regulamento de participación. Para iso:
- Debe incluirse no texto que calquera veciño, ou persoa en representación dun colectivo veciñal non agrupado nunha entidade terá dereito a asistir ás reunións dos Consellos Territoriais para facer peticións ou solicitar información do progreso de peticións realizadas anteriormente.
- Dado que contamos cunha fantástica e premiada ferramenta online de transparencia, debería constar no texto a obriga da publicación das actas de tódalas sesións dos órganos de participación cidadá.
- Debe existir un representante nos órganos de participación que represente á cidadanía non organizada en entidades