Os mecanismos de participación deben salvar a fenda tecnolóxica
Os medios participativos non poden limitarse exclusivamente a ferramentas informáticas. A cidadanía que non dispón de medios informáticos nin coñecementos para poder usalos deben ter garantido o seu dereito á participación.
Para iso, en caso de habilitarse ferramentas de votación online, deberá facilitarse a mesma opción de xeito físico para persoas que non dispoñan ou non saiban usar os medios informáticos, xa sexa
- mediante unha urna,
- ou mediante un ordenador baixo a tutela dunha persoa que lles permita votar independentemente dos seus coñecementos informáticos,
- ou incluso a posiblidade de meter por rexistro no concello o seu voto.
Os anuncios das votacións deberán ser folgados -por exemplo, cunha semana de antelación-, e ser anunciados tanto por vía telemática, como nos propios locais sociais