CANCELAR
ACEPTAR

PLAN DE SENSIBILIZACIÓN E COMUNICACIÓN

Alfonso Casal Pita 11 de enero de 2019 20:11

PLAN DE SENSIBILIZACIÓN E COMUNICACIÓN

O contrato xa finalizado recollía unha cláusula que obrigaba a “realizar unha campaña anual de educación e concienciación cidadá en materia de utilización dos medios de recollida e limpeza viaria dirixida á poboación en idade escolar e público en xeral cuxo custo irá incluído no prezo de licitación”.

É un texto tan aberto que é difícil de saber se a empresa cumpriu a cláusula, aínda que consideramos que as campañas non foron efectivas á vista da actual porcentaxe de reciclaxe, que en peso é tan só do 10,6 %.

Segundo a información facilitada, os custos das campañas de concienciación dos últimos 6 anos ascenderon a case 30.000 euros, sendo en torno ao 50 % dedicado a publicidade e patrocinio deportivo (ver táboas).

Segundo o prego do novo contrato o contratista “deberá reservar un mínimo do 1,5% do importe anual facturado á realización de campañas e actuacións de comunicación e sensibilización cidadá”, actuacións que deberán contar coa aprobación do Concello e nas que inicialmente se investirían 40.600,57 euros + IVE. Ademais “O Concello poderá requirir a realización de campañas e actuacións … con cargo a esta partida … en particular, promoveranse campañas conxuntamente con asociacións culturais e deportivas locais”.

É dicir, o goberno está a encarecer o recibo do lixo nun 1,5 %, mediante campañas que demostraron ter pouco alcance e efectividade, pero que lles serve como medio de financiamento "encuberto” para os clubs deportivos e asociacións culturais “afíns” para manter a súa rede clientelar e fidelizar o voto.

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo