CANCELAR
ACEPTAR

proposta 2

Alberto Garrido Guimarey 27 de diciembre de 2019 16:14

No apartado 2 deste mesmo punto pídese que a empresa conte cunha lista de agarda para substitucións inmediatas ¿ Verdadeiramente tívose en conta o custo desta iniciativa ao licitar a 17 euros máis ive? ¿De cantas traballadoras está a falar?, ¿Coñecen a norma que establece que as xornadas mínimas de contratación de auxiliares son de 25 horas/semanais? ¿Cómo se debería de facer,  encérranse nun caixón baixo chave e logo ábrese segundo as necesidades?

 

Creo que un punto que debería de tratarse no Prego é o dos supostos nos que as empresas poden facer as rotacións de persoal para que os usuarios logo non transmitan queixas de rotacións excesivas:

-Licenzas contempladas no Convenio ou no Estatuto da Traballadores

-Cobertura de Horas sindicais

 

Ademais debería recollerse que a obrigación das empresas é a de garantir a prestación do servizo, e non a de enviar ao persoal  de atención directa que demanden usuario ou familiares, cando na actualidade existen problemas de racismo e xenofobia, e que cando se realicen queixas das auxiliares estas deberán de presentarse por escrito, e estar fundamentadas e que posteriormente os técnicos municipais levarán a cabo as pesquisas necesarias con axuda dos coordinadores.

 

No referente aos horarios de prestación dos servizos, contémplanse que se dará prioridade ao horario que solicite o usuario e/ou familiares. Na Lei vixente non existe ningunha norma que obrigue a iso, establécese que deberá de ser na medida do posible. Que ocorrería se todas as altas de usuarios piden o mesmo horario ou que se inicie a prestación entre as 10:00 ou as 11:00 da mañá? Pois que  o servizo sería inviable para as empresas, existiría precariedade laboral para as auxiliares, e non se podería cumprir o punto de ampliar as xornadas ás traballadoras xa existentes que dispón o Prego e Convenio.

 
 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo