CANCELAR
ACEPTAR

Proposta SAF

Olalla Calvelo Rico 29 de diciembre de 2019 18:21

No punto 5 do informe de necesidade SAF fálase dun importante incremento das horas nos vindeiros dous anos. Contrasta que no prego técnico isto non repercuta no aumento tamén dos membros do equipo técnico. Só se fala de coordinadores por ratio e déixase a posibilidade de que sexa a empresa a que decida se procede ou non a contratación da figura do axudante de coordinación, (isto non supón ningunha obriga á empresa), o cal é fundamental para o correcto funcionamento dun servizo. Se non existe dita figura, todo o terán que facer os coordinadores (suplencias, comunicacións e avisos telefónicos a auxiliares e usuarios, etc.).

No apartado 5a de persoal técnico (prego técnico) aparece que un dos traballadores sociais realizará todas as visitas domiciliarias... ¿todas?. Isto ocuparíalle a totalidade da xornada sen posibilidade de facer calquera outra tarefa. Ademáis tamén se pretende que faga o resto de funcións propias do coordinador.

¿Entendemos que os outros dous traballadores sociais farán as funcións propias da figura de axudante de coordinación?

No apartado 4.4 letra d do prego técnico ábrese a posibilidade a servizos nocturnos e por riba non se especifican cales serían as situacións excepcionais. É importante aclarar este punto.

No apartado 4.4 letra h do prego técnico a traballadora social municipal xunto co usuario realizará unha proposición vinculante do horario. Este apartado resulta incompatible co punto 5 letra b 2, por un lado piden aumentar a xornada do persoal existente pero non dan flexibilidade horaria nin rotación do persoal.

Neste mesmo punto tamén se fala de inmediatez nas substitucións. Poden pasar moitas circunstancias que impidan que a auxiliar poida dar aviso dun problema para realizar un servizo.

No punto 8 letra a piden que un coordinador estea dispoñible sempre cun teléfono móbil durante o período de atención do servizo, é dicir, de 7:00 a 22:00 de luns a domingo. Isto no é legal.

 

 

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo