CANCELAR
ACEPTAR

Proposta de mellora prego

Mariluz Vázquez 29 de diciembre de 2019 22:57

 

No punto 4.3, sobre tipos de atención, na letra F) refírese á suspensión do servizo no caso de que as persoas usuarias estean hospitalizadas. É preciso destacar que “non todo vale” polo que hai que establecer unhas obrigas para as persoas usuarias do servizo e, por extensión, ás familias onde ante faltas de respecto, amenazas, insultos, agresións de calquera índole, o servizo sexa inmediatamente suspendido.

 

Punto 4.4, a) horarios de prestación do servizo. Obviamente hai que atender ás persoas usuarias, pero en datas coma o 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro sería preciso valorar a necesidade real do servizo e se vai haber máis familiares que poidan atender á persoa usuaria, xa que as auxiliares tamén teñen familia e en moitos casos eses días faise un mal uso do servizo predominando a limpeza sobre os coidados básicos.

 

No que respecta tamén ao punto 4.4 letra d). Se se vai facer referencia ao horario nocturno será preciso delimitar moi ben esas situacións excepcionais. O servizo de axuda no fogar é iso, unha axuda, e se a persoa precisa máis coidados quizáis este non sexa o recurso máis axeitado para a persoa. E ademáis, sendo licitado un prezo hora de 17€+IVE??

 

No apartado 5, a) aparece a figura dunha persoa coordinadora que as súas funcións son… todas? Cales serían entón as funcións das outras dúas persoas do equipo? É preciso ser realistas, hai que prestar un servizo de calidade, non a calquera precio no que as persoas traballadoras estean tan satuadas que as xornadas laborais sexan interminables. É imposible realizar todas as funcións que se indican nese punto. Así, non é que a empresa “poderá nomear una persoa axudante de coordinación” se non que debería ser imprescindible.

 

No apartado 5.2, en relación ao persoal auxiliar, se por una banda se está a falar de garantir contratos dignos ao persoal, coa máxima xornada, estabilidade… non se poden manter listas de agarda (17€/h+IVE, recordemos) As substitucións inmediatas do persoal auxiliar vai depender de que haxa xente dispoñible para cubrir o servizo, ademais da rapidez na comunicación.

 

Se por unha banda se indica que deben haber os mínimos cambios na asignación do persoal auxiliar, punto  6.1 l) non se pode esixir a inmediatez á hora de cubrir imprevistos.

 

Respecto o punto 8 letra a) aludindo á obriga de que a persoa coordinadora teña un teléfono para contacto “permanente durante o periodo de atención do servizo” é preciso especificar se os pregos fan referencia á duración do servizo como a duración do contrato, ou se permanente son 24horas, 365 días. Iso é ilegal, pero unha realidade en SAF imprescindible erradicar.

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo