Consulta o COTSG
Boa tarde,
Despois de ver a cantidade de propostas e posibles modificacións a facer, moitas por compañeirx con experiencia no sector, e entendendo a boa vontade do concello a través desta páxina de participación, creo que é necesaria unha reflexión antes de facer definitivo este prego.
Sen entrar artigo por artigo, a modo resumo sería
1. O Prezo hora establecido. Insuficiente ante o aquí exposto. Punto básico que determinará o funcionamento do servizo.
2. Condicións laborais do persoal técnico. Ratios, funcións, horarios entre outros. Disponibilidade, teléfono garda.....Seguimentos....
3. Condicións laborais do persoal auxiliar. Entendibles as melloras, pero irreais dacordo as condicións do prego.
4.Obrigas dos usuarios e causas de extinción de servizo.
5. Servizos complementarios....a que prezos? dentro das melloras? que tipo e modelos de axudas técnicas, e prezos das mesmas....
6. Horarios de atención, substitucións inmediatas. etc....
Creo que se hai a posibilidade de facer ben este prego o concello debe escoitar propostas e posibilidade de melloras, e pareceme fundamental que se coordine ou pida asesoramento dun axente externo como é o COTSG, que nestes momentos ten comisións e equipos de traballo especializados no SAF.
Saudos!