CANCELAR
ACEPTAR

Barrios principalmente peatonais con conexións ciclistas

Alejandro Piñón Rodríguez 8 de mayo de 2021 19:53
Narón é unha cidade feita para os coches, con pequenas pero moitas veces demasiado altas beirarrúas. Este PMUS ten que modificar isto de golpe. Non é admisible que en 2021 que unha cidade europea que presume de modernidade teña os dados de mobilidade que ten. E os dados dependen de decisións individuais, si, pero non sorxen de forma máxica. Que a xente escolla coche, ou decida mercar un coche ou ir andando ou en bici, é unha decisión baseada na infraestrutura dispoñíble. Agora mesmo ir en bici por Narón é perigoso.

Precisase dun xeito inmediato un carril bici que comunique toda a estrada de Castela, separado do tráfico motorizado e a eliminación de todo o parking desta estrada (se é preciso pódense facer parkings nas inmediacións) ademáis de facer desta estrada unha avenida a 30km con máis árbores e máis espazo público dispoñíble para sentarse ou xogar. Tamén se precisa que este carril bici estea conectado cós barrios e que haxa sendas que permitan conectar o Narón rural. Obviamente precísanse moitos máis aparcadoiros para bicicletas. Non é preciso pensar nos coches, cando a poboación vexa que con bici se chega antes aos sitios, é seguro porque os coches non van como tolos e poden aparcar na porta da casa, do traballo ou do negocio ao que van, comezarán a usala. Moita máis infraestrutura ciclista que faga unha rede onde non haxa un barrio cunha conexión por bicicleta a calquera parte da zona urbana do concello. E é moi importante que esa infraestrutura sexa única para ciclistas (e patinetes electricos e similares) pois será un gasto estúpido e unha medida moi impopular poñer carriles bicis non separados xa que ninguén os usaría e quitaría o aparcadoiro a outra xente. En cambio se o carril bici é un éxito, e o será dependendo da súa planificación e seguridade, será algo popular.

Precisase a semipeatonalización dos barrios, sacar dos barrios todo o tráfico de paso con un modelo parecido ao de Pontevedra. Non hai que mirar a Amsterdam, temos o modelo ao lado. Se a entrada nun barrio en coche implica que vas ter que ir a 10km/h e só hai direccións dispoñíbles para acabar saindo polo mesmo lugar polo que entraches ao barrio, só entrarán nel en coche persoas que vivan nel. Sen embargo ao quitar todo ese tráfico inútil, a xente irá máis en bici ou andando ao barrio, as rúas terán menos tráfico e o barrio será máis apetecible, ao final poderase quitar prazas de parking que poderán ser usadas para poñer bancos, árbores ou terrazas e os comercios o agradecerán. Un bó comezo sería a zona do parque da Gándara, onde a semipeatonalización permitiría que moitos nenos vaian ao colexio andando ou en bici, faría un boom económico para os comercios da zona e chamaría incluso a máis tendas a unirse, seguindo o exemplo de tantas outras prazas comerciais de Europa.

Estas medidas soen ser impopulares cando se deciden, así que se precisaría de moita pedagóxia e de facelo moi lentamente pero tendo un plan a longo prazo e con obxectivos marcados, pero comezando xa. En canto a xente vexa que un barrio que foi peatonalizado comeza a ter máis vida, todo o mundo quererá que pase o mesmo na súa rúa. En canto un compañeiro de traballo comece a ir ao traballo en bici, chegue en menos tempo que o coche e aforre cartos, todos quererán facelo. 

E que 1000/2000/10000 ou 20000 persoas en Narón comecen a moverse diariamente en bici é posible, suporía un aforro para os seus bolsillos que repercutiría directamente no comercio local, na sensación de seguridade da rúa e na felicidade, ademáis de na saúde (directa por facer deporte e indirecta porque se contaminaría menos e habería máis zonas verdes).

En resumo: red ciclista XA e peatonalización pouco a pouco pero sen descanso.
 


 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo