CANCELAR
ACEPTAR

Idea nº3 PARTE B da comisión de urbanismo do BNG de Narón "a bici como metodo de transporte"

BNG Narón Comisión Urbanismo 31 de mayo de 2021 10:33
Na parte A enlazabamos con exemplos prácticos e por qué era necesario investir para que a bice sexa un método de transporte seguro (por saúde, por convivencia, por sustentabilidade, por unir barrios e parroquias, por compartir espazo público...)
Agora resumimos fases que son precisas e nas que nos asesoramos tecnicamente:
3A- Facer circuítos peonís e en bici en cada barrio e de unión entre barrios e parroquias. Formación viaria das ciclistas e da cidadanía en xeral
3B- Facilitar e Fomentar o uso da bici en toda a zona perimetral da cidade, creando unha boa rede de rutas de carril bici ou de uso prioritario desta, que servan para acceder á cidade e tamén para desprazarse a instalacións exteriores a esta.
           Carril bici ao polígono:
* Desde a cidade pasando por Río Seco ( pasando ou bifurcando aos institutos) 
* Desde Xuvia, polo Feal, colexios, (bifurcación instituto) Rio Seco , Polígono
* Desde O val 
* Desde san Mateo
* Desde Castro
* Carril bici - senda peonil paralela ao antigo Feve onde haxa espazo
* Estudar un carril bici paralelo a vía de tren que vén da Coruña . ( unir en bici, desta maneira, Santa Icía  e a Gándara con Xuvia a través do camiño de santo André e con Neda a través da Ponte do tren sobre a ría).
* Aparcamento de bici privada nos cruces da rúa, separacións máximas  de 75 mts  entre elas
* Aparcadoiros cubertos de bici
* Cadeiras infantís nas bicis de préstamos da cidade (que algunhas das bicis de préstamos conten con este servizo para que as familias poidan promover o uso delas) (as imaxes que adxuntamos pertencen ao concello de Carballo)





 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo