Idea nº4. Transporte urbano que COHESIONE
Un transporte público que sexa accesíbel, cómodo, rápido e de alta calidade, porta a porta. Estas son as condicións previas que calquer PMUS ten que plantexar. A intermodalidade en Narón ten que ser tamén condición indispensábel e que o tren (que divide en dous o noso concello) sexa de calidade e ao servizo da cidadanía. A intermodalidade por tanto ten que estar cuberta. Ademais, para moitas persoas maiores e persoas con mobilidade reducida ou discapacidade o transporte público é a única opción para viaxes independentes. O mesmo acontece coa xente nova. Por tanto, a accesibilidade é unha condición previa para moverse en liberdade independentemente da condición de cada quen. Por iso tamén en Narón é preciso o transporte comunitario que se está a traballar noutras cidades e vilas do país (ex:Pontevedra) onde se convenia con taxis e se fai transporte porta a porta para cubrir as necesidades. Isto último é de importancia a implantar nas parroquias.
Algunhas propostas que presentamos para terse en conta no PMUS de Narón:
4A- Implantación de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade (pensado para os lugares onde non haxa transporte público alternativo de calidade). Crearase unha aplicación e un contacto telefónico (incluso unha chave de uso que se activaría na parada) e conveniarase con taxis para poder realizarse con rutas marcadas e paradas concretas.
4B- O tren "o cercanías de Narón": intermodalidade, apeadoiros integrados na cidade e non afastados (actualizar as paradas do antigo FEVE: estudo de novas paradas e acondicionamento das existentes facéndoas amábeis e atractivas)
- Ampliar frecuencias e modernizar o tren, situar aparcadoiros de bicis e, onde sexa posíbel, de vehículos privados (isto último pensado para as parroquias)
É importantísimo que o antigo FEVE sexa unión e non separación.
4C- Bus
Unha vez definidas as zonas en que se vertebra perifericamente os barrios instarurar un transporte público circular que nos una. Mellora de liñas e frecuencias. Carrís de uso exclusivo de autobuses e taxis.
Paradas de bus accesíbeis e que non interrompan o paso dos peóns, retirada das marquesiñas que cortan o paso nas beirarrúas e actualizalas todas. Zonas de xogos de rúa cercana a elas pensado para as crianzas.
4D- Desenvolvemento dunha aplicación que conteña toda a información do transporte de Narón. Códigos QR en todos as paradas e apeadoiros e tamén do transporte colectivo e a demanda conveniado con taxis públicos de Narón. Sinalética luminosa e sonora en todas elas e tamén adapatadas a persoas con espectro autista.
4F- Campaña local que promova o uso do transporte público como sostíbel e eficaz unha vez cumpridas as premisas de accesibilidade, rapidez e alta calidade.
Ex de modificación e mellora de transporte urbano:
O transporte: http://urbanoslugo.com/gl/index.html
Os mapas: http://urbanoslugo.com/files/plano_rede.pdf?fbclid=IwAR1XmkxHZyvNXsuIJQCN5IW3XHdciK1FebxG2eIEvlqtUXis8toNTSa5YJs

É importante tamén contar coas entidades sociais ou empresas de economía social sen ánimo de lucro que tamén realizan transporte porta a porta para facilitar a mobilidade de moitas personas con diversidade funcional.