CANCELAR
ACEPTAR

Idea nº6 Barrios de Servizos

BNG Narón Comisión Urbanismo 3 de junio de 2021 11:18
  • Os barrios e parroquias teñen que ter servizos esenciais que permitan que todas e todos  teñamos os mesmos dereitos (e deberes). Para elo Narón ten que contar con acceso a servizos básicos e traballar plans directores en todas as parroquias e barrios. colaborar con diferentes administracións faise necesario para completar a idea nº6.

  • 6A- Compartir. O intercambio, as feiras e mercados de produtos locais e información de entidades e asociacións do concello que favorezan encontros, máis alá do feirón e en parroquias como Sedes, O Val (de sementes) ou Xuvia e cunha periodicidade quinquenal ou mensal. Traballar con actividades que favorezan os intercabios espontáneos, apoiar as iniciativas cidadás sen absorvelas,  desenvolver o emprego no espazos público con actividades culturais, sociais, naturais de todo tipo. 

  • 6B- Xogo deportivo. A presenza de entidades deportivas e de xogos e a particpación directa nas decisións que lles competen, practicar diferentes acitivdades no espazo público e crear espazos propios de actividades de rúa coma o skate por poñer un exemplo. 

  • 6C- Acceso a saneamento

  • 6D- A Cultura regular na rúa e nos lugares. 
  • 6E- Servizos sociais reforzados e de proximidade nos barrios e sobre todo parroquias que fican máis alonxadas do centro. Realizar achegas do concello para trámites administrativos e asesoramento en diferentes puntos do rural. Que non se teña que ir ao Alto para todo que fai depender dun transporte inexistente ou ineficiente en puntos do noso concello o que fai depender do vehículo privado (para quen o ten
  • )
  • 6F- Puntos de recarga eléctrica de vehículos nos aparcadoiros disuasorios
  • 6F- Dixital. A fenda dixital entre o urbano e o rural é unha realidade no noso concello. Se ben non é competencia municipal a instalación da fibra óptica tamén no rural si o é informar de como conseguir un obxectivo que a UE marca para o 2025. Ademais dispór nos núcleos de centralidade da idea nº5 de wi-fi municipal como noutras cidades como Compostela, Pontevedra, Coímbra ou vilas como Allariz ou Rianxo debe ser un punto indispensábel para ter servizos necesarios hoxe. Tamén puntos de recargar oteléfono móbil, aproveitar os servizos cordinados (transporte , turismo , cultura, comercio,etc e desenvolver informaciñon sobre a mobilidade, a vida local e facilitar o uso diario da zona e tamén do aproveitamento dela a través das novas tecnoloxías 

 

 



 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo