CANCELAR
ACEPTAR

Partido Popular: Estrada DP-3614 (Estrada da Gándara)

José Francisco Faraldo Rodríguez 16 de agosto de 2022 00:14

A rede viaria dun concello é vital para o seu desenvolvemento e crecemento posto que é o único xeito de que as persoas se poidan desprazar. A rede viaria permite que a veciñanza satisfaga as súas necesidades básicas de educación, traballo, alimentación, saúde, etc.

Por iso, para que un concello poida ser estratéxico, debe ter un sistema viario axeitado, xa que é o único xeito de garantir a mobilidade plena. Os insuficientes investimentos ou a mala administración da rede viaria municipal terán consecuencias graves para a economía e o benestar do concello e dos seus habitantes.

Relacionado con isto, o estado das diferentes estradas provinciais que atravesan o noso concello polas distintas zonas urbanas é preocupante pola falta de accesibilidade e mobilidade en moitos lugares e., por iso, consideramos que é preciso facer unha planificación axeitada ás necesidades de certos barrios nestas áreas.

Cremos que non se pode seguir a facer obras en diferentes lugares que demostran ser meros parches que non poñen remedio a longo prazo aos problemas da veciñanza nin ás necesidades das distintas zonas e mesmo o que conseguen é incrementar os problemas de accesibilidade e xerar desigualdades evidentes, incluso entre rúas veciñas, e facer máis difícil a convivencia entre habitantes. Por non falar da perda, en moitos casos, de prazas de estacionamento que prexudican claramente ao comercio local.

O noso grupo xa ten proposto alternativas, en numerosas ocasións, para tentar de resolver algúns destes problemas e consideramos que o Plan de Mobilidade Urbana Sostible é unha ferramenta moi axeitada para o establecemento de actuacións que permitan transformar unha área ou o viario de certas zonas que poña de manifesto e sirva de mostra de como queremos que sexa o Narón do futuro: accesible, sostible e cunha contorna paisaxista amigable. 

Polo anterior, solicitamos

Que se firme un convenio coa Deputación da Coruña para humanizar a Estrada DP-3614 (Estrada da Gándara) e sirva de proxecto pioneiro para actuacións futuras que mesmo se puidesen levar a cabo en toda a provincia. Trataríase de converter esta estrada nunha vía dun único sentido de circulación dende Longras ata o cruzamento coa Rúa Concepción Arenal totalmente accesible e incluíndo a mellora e modernización total dos servizos, alumeado, sinalización, pasos de peóns etc. así como a construción dun carril bici, a plantación de especies arbóreas, etc.

 
comentario
(1)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
Matilde L.D.16 de agosto de 2022 11:57

Non haberá cousas a facer nun plna de mobilidade. Isto que propoñedes é mantemento dalgo que xa existe. A mobilidade plena consíguese con accesibilidade non asfaltando e asfaltando... Pensades que no 2023 con eleccións non se vai facer esta proposta?

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo