protección contra publicidade invasiva
o concello de narón debera poñer en práctica algún sistema que permita aos cidadáns evitar que teñamos os buzóns cheos de publicidade non solicitada nin desexada. Algún sistema coordinado cas empresas que reparten publicidade que permita aos veciños que non queiran recibir publicidade e se respecte esta opción.
Algún cartel que poñer no buzón, portal ou vivenda indicando que NON se desexa publicidade e que as empresas respecten non poñendo folletos nos buzóns. Esto xa se fai noutras cidades europeas. Hai quen xa o pon con carteis nos portais pero non ten validez legal algunha e poden encher o buzón con papeis.
COMENTARIOS
Cancelar
Guardar
Сomentario