CANCELAR
ACEPTAR

Bici como método de transporte. Idea nº 3 PARTE A

BNG Narón Comisión Urbanismo 31 de mayo de 2021 10:21
Falamos de nuclear o rural e das centralidades dos barrios nas ideas 1 e 2 pero, a día de hoxe, Narón presta servizos centrados nunha parte pequena do concello polo que os barrios e parroquias teñen que desprazarse a eles. Para que isto non siga a ser un problema de contaminación, tempos , precisamos un bo transporte urbano pero tamén unirnos de maneira peonil e tamén tendo a bici como elemento de transporte no primeiro nivel. Para isto é preciso que a bicicleta e o seu uso estea integrado no noso día a día, teña prioridade e carrís que lle permitan moverse con seguridade e incluso facernos chegar sen o vehículo privado. Desde o BNG, tal e como propuñamos xa no noso programa electoral faise imprescindíbel deseñar unha rede viaria en bicicleta que permita achegar a calquera veciña ou veciño a servizos, zonas de ocio e espazos compartidos e/ou naturais e que eses espazos estean coidados. Algúns deles estamos conseguindo obter resposta afirmativa do concello mediante acordos e traballo continuado (muíño das Aceas, muíño de Xuvia, unión de parques...) pero todavía non é suficiente para que sexa o concello amábel que queremos. Non esquecemos que todo isto ten que ser exposto e traballado de "abaixo para arriba" , o concello non te que ser quen ofrece ou informa de investimentos, gastos, se non a propia veciñanza quen participe de todo o proceso e que valga, desta maneira para poñer en valor as necesidades e o traballo feito. Poñer en valos aos naroneses e naronesas como parte activa da nosa cidade. Para isto deseñamos diferentes ideas e plasmámolas con asesoramento técnico esperando que se teña en conta no PMUS que ten por obriga o concello realizar (e que nos alegra esa obriga porque confiamos en que mellore Narón): 

Exemplos prácticos de ideas do modelo BNG (
as imaxes da foto son tomadas de persoas da comisión de urbanismo do BNG de Narón):
Cicl - ando Carballo (concello moi similar en particularidades ao noso): https://ciclandocarballo.gal
Mobilidade e usos en Pontevedra: https://www.pontevedra.gal/mobilidade/
Mobilidade en Lugo: https://lugocentro.bng.gal/articulo/novas/ruben-arroxo-nova-ordenanza-circulacion-potenciara-uso-da-bicicleta/20210419163954008699.html
 
comentarios
(3)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
Martín Pardo Mazás1 de junio de 2021 22:48

Boas!. Gustarianos como familia usuaria da bicicleta, tratar de fomentar o seu uso dende a infancia. O noso cativo desplazase en bici o colexio da Gandara usando o “camiño escolar seguro”, pero nos gustaria que se apostase por darlle mais seguridade cunha dotacion de infraestructura axeitada. Os cativos pequenos, conviven perfectamente circulando polo acera, pero as bicis e os nenos medran e acaba sendo invialble. Isto pasaria por reordenar ubicación de mobiliario urbano nalguns casos, simplemente (farolas, contedores de lixo...)Unha aposta xa de envergadura, seria por exemplo tratar de facer a carretera da Gandara dun so sentido de circulación, e carril bici xunto con espacios verdes tratando de seguir o modelo implantando na recente remodelación dunha anaco de rua en Celso Emilio Ferreiro. Gañaria o comercio e a convivencia cidada neste entorno, no que esta a medrar o tecido comercial. Se a idea non quedou ben exposta, non dudes en contactarme.
Grazas!

Responder
avatar
BNG Narón Comisión Urbanismo2 de junio de 2021 11:15

Boas, estamos completamente dacordo con vós. Fixemos de feito dúas entradas a este respecto e, na parte B, facemos propostas concretas que teñen a ver tamén co que expoñedes. o do mobiliario urbano e reordenación é primordial en Narón se queremos de verdade unha mobilidade sostíbel. O da estrada da Gándara que espoñedes tamén e positivo porque ademais en Narón temos vías de alta capacidade que cruzan o noso territorio polo que o tráfico de vehículo privado pode perfectamente desprazarse por alí e non ter decenas de miles de coches pola estrada da Gándara cada día. Un saúdo e seguimos mellorando Narón. Grazas por responder, toca aportar ideas para que se teñan en conta, e a ver que gañamos todos e todas na mobilidade. Saúdos.

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo