Transporte público e conexión con todos os concellos da ría.
No BNG entendemos o espazo público como un ben de primeira necesidade onde todos e todas debemos poder acceder a el nas mesmas condicións independentemente da nosa razón social, idade ou xénero. A análise e diagnóstico do PMUS deixa claro que en Narón fica moito por facer neste aspecto: a zona urbana destina o 90% do espazo público única e exclusivamente a coches o que dificulta que todas as persoas poidan gozar da rúa nas mesmas condicións xa que se prioriza o uso do espazo liñal do coche o traballo cando os coidados, a vida diaria, o ocio ten que ter cabida na nosa cidade fora de recintos pechados ou onde a única alternativa sexa pagando eses servizos.
Por todo isto hai que estudar e incluír propostas para un transporte público nas mellores condicións. Priorizar circulares de autobuses entre polígonos, centros estudantís, taxis comunitarios para o rural e un Feve con apeadoiros en condicións e integrados na mobilidade urbana. O concello ten que implicarse e non só botar balóns fora neste aspecto: incidir, chegar a acordos con outras administracións, investir e, no plan de mobilidade, atender estas necesidades. Ademais, nos fondos EDUSI, faise fincapé neste aspecto. As nosas propostas:
- Incluír a volta da ría (Fene, Neda, Narón e Ferrol) como un continuo urbano. Hoxe, no PMUS priorízase única e exclusivamente Ferrol. Para iso ten que conectarse de maneira peonil con fondos europeos, carrís bici e un trasporte público en condicións.
- Transporte público que conecte o barrio da Solaina e a Gándara coa veciña Ferrol
- Circulares que acheguen aos polígonos cun horario acaído para as actividades laborais e tamén centros de formación e asesoramento laboral.
- Esixir seguridade en todas as estradas sexa de quen sexa a competencia.
Achegamos imaxes que inclúen un mapa de estradas da ría cos concellos de Narón, Fene, Neda e Ferrol, estradas en parroquias pouco seguras e exemplos de modelo de transporte. Ademais lembramos as nosas propostas neste proceso, algunhas incluídas que seguimos a considerar necesarias:
A nosa idea nº4: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7260
A nosa idea nº7: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7273
A nosa idea nº 3 A: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/724
A nosa idea nº3 B: https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7248

Moi boas propostas de novo. Recoñezo que a que máis me gustou foi o das centralidades nos barrios e nas parroquias